Buscar este blog

lunes, 4 de octubre de 2010

Outros pratos típicos de Galicia .

 POLBO A FEIRA
O polbo á feira é un prato típico de Galiza e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pementón. O seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar), aínda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.
Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.


Para máis información entra en:  http://gl.wikipedia.org/wiki/Polbo_%C3%A1_feira


  Caldo galego
O caldo galego é unha sopa ou caldo típico da gastronomía de Galicia.
Os seus principais ingredientes son os grelos, verzas ou repolo xunto con patacas, unto ou graxa de porco, para dar substancia, fabas e ocasionalmente algún ingrediente máis, como chourizo, lacón ou touciño entrefebrado cocido.
Sérvese moi quente, decote como primeiro prato.


viernes, 1 de octubre de 2010

Historia das filloas.

O primeiro testemuño que se coñece sobre a posible orixe das filloas nas Illas Británicas deixouno escrito Beda o Venerable. Beda (nacido en 672/673, tradicionalmente en Jarrow, Northumbria, e morto o 25 de maio do 735) pasou a maior parte da súa vida no mosteiro da localidade onde naceu, pois con tan só 7 anos ingresou no mesmo. Nunca se moveu máis aló duns quilómetros deste emprazamento, o cal non foi obstáculo para que Beda alcanzase unha profunda erudición e piedade, polo que se lle adxudicou o título de Venerable. Dedicouse a describir a forma de vida (gastronomía, crenzas relixiosas, ...) en latín dos seus contemporáneos antes do cristianismo e é considerado o pai da historia de Inglaterra. Pois ben, os anglosaxóns ao mes de febreiro, segundo Beda, chamábano “Solmonath”. Beda na súa obra "De temporum ratione" di que "Solmonath pódese chamar o mes das tortas (mensis placentarum), que ofrecen aos deuses nese mes" (Bede, "The Reckoning of Time". Tradución de Wallis, F. Liverpool University Press, 1999, pág. 54). Sobre o significado de "Solmonath" déronse diversas interpretacións: é moi probable que, como interpreta Beda, esa palabra anglosaxona refírase efectivamente a algún tipo de pastel ou torta de fariña que facían os anglosaxóns (de orixe celta) no mes de febreiro, pois a palabra "placentum" vén de "placenta", que quere dicir: "torta de fariña sen lévedo que se adoitaba amasar con queixo e mel" (Griffiths, B. 1996, pág. 124. "Aspects of Anglo-Saxon Magic. Editorial Anglo Saxon Books). Isto quere dicir que nos atopamos aquí co primeiro testemuño escrito que coñecemos sobre as filloas ou “pancakes” que, afortunadamente, fanse aínda no mes de febreiro en Gran Bretaña. Se os xermanos (ou os invasores celtas centroeuropeos) xa comían filloas a principios do século V d. de C., que é cando chegaron ás Illas Británicas, quere dicir que xa antes tamén se comían no Continente Europeo por onde estiveran os celtas. De aí tamén a súa extensión pola Bretaña, Galicia, Asturias e quizá tamén outras partes de España e de Portugal. Actualmente, consérvase esta tradición en Inglaterra e coñécese como “Shrove Tuesday” (martes de ofrenda) ou “Pancakes day” (día do pancake), sendo xa tradicional o concurso de carreiras na que os participantes corren mentres voltean un “pancake” da tixola que sosteñen nunha man; o Arcebispo de Canterbury, Londres, gañou varias edicións de tan peculiar certame.
Representación dunha cociña celtaHoxe en día, arqueólogos e historiadores británicos recoñecen e aceptan que Inglaterra e Irlanda repoboáronse con habitantes do norte da Península Ibérica. Tendo en conta os argumentos expostos ata agora e que foron os celtas os que introduciron en Galicia o cultivo de cereais (centeo), aves e gando vacún (razas únicas que perduran en Galicia) e o arado de ferro, ¿terá a mesma orixe a filloa de Galicia, é dicir: elaboración culinaria pagá de orixe indoeuropeo feita como ofrenda aos deuses celtas que recibe un nome romano con etimoloxía grega?